piramide alimenticia

O Mercado é o lugar perfecto onde empezar a planificar unha alimentación saudable, promover bos hábitos alimentarios e mellorar así a nosa saúde. Nos últimos anos a evolución da industria alimentaria fixo que os nosos costumes en canto á elección dos alimentos cámbiase drasticamente aumentando o consumo de produtos procesados de elaboración industrial, como pratos precociñados, docería e pastelería industrial, en detrimento de alimentos básicos e tradicionais de orixe natural, presentes nos nosos mercados, moito máis saudables.

Consellos para unha compra saudable

O momento de planificar a compra é clave para a nosa alimentación e a das nosas familias, xa que é o momento en que eliximos que alimentos imos consumir.

Facer a compra no mercado permítenos comprar alimentos típicos da nosa rexión e consumilos no seu mellor momento.

Comprar produtos de tempada é máis saudable e económico, xa que os custos de comercialización son menores.

É conveniente planificar anticipadamente a compra incorporando gran variedade de alimentos e respectando as proporcións adecuadas.

A Pirámide da Alimentación Saudable axudaranos a escoller que alimentos podemos incluír na nosa lista da compra e en que proporcións debemos consumilos. Hai determinados alimentos que non poden faltar nunha dieta se é equilibrada porque son imprescindibles para o correcto funcionamento do organismo.

Contidos elaborados por Eugenia Pena Fernández, licenciada en Farmacia, Máster en Medicina Natural e Experta na elaboración de Dietas e Dietoterapia.

logo_farmavida

FARMAVIDA (As Pontes)