Os antecedentes do mercado municipal das Pontes hai que buscalos no ano 1936 cando a corporación municipal republicana acorda a construción dunha praza de abastos.

A súa edificación non chegou a materializarse e non foi ata 1960 cando se decide construír unha nova praza de abastos nun soar na avenida de Ferrol.

A obra rematou no ano 1961 segundo un proxecto redactado polo arquitecto Vicente García Lastra.

Este edificio será remodelado para albergar a actual sala de exposicións do mercado vello.

A principios dos anos 80 será inaugurado o novo mercado que proxectou o arquitecto Aquilino Meizoso Carballo que é onde se atopa na actualidade despois de sucesivas reformas.

Mercado
Mercado Mercado Mercado Mercado Mercado Mercado Mercado Mercado