“Quere o teu mercado” é o lema da Campaña Internacional dos Mercados, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración cos Concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de comerciantes co obxectivo de destacar o papel dos mercados nas cidades e potenciar a compra do produto local ademáis de ensalzar a profesionalidade dos nosos praceiros e praceiras.

Durante a segunda quincena do mes de maio organízanse actividades en máis de 50 mercados de Galicia co obxectivo de visualizar, promocionar e activar os mesmos, incentivando a creación de novos negocios para a revitalización deste sector do comercio.