Cereais, legumes e tubérculos

legumbres

Achegan fundamentalmente hidratos de carbono de absorción lenta, importante fonte de enerxía para o noso organismo. Tamén achegan fibra, vitaminas e minerais. Os cereais integrais (en forma de pan, pasta, arroz, fariñas) achégannos máis vitaminas e fibra cós refinados, xa que ao consumir o gran completo estamos a aproveitar ao máximo todos os seus nutrientes. Cereais e legumes tamén nos achegan proteínas.

As proteínas de orixe vexetal son de inferior calidade que as de orixe animal, pero combinándoas adecuadamente podemos obter pratos con proteína completa de elevada calidade e, ademais, sen colesterol; por exemplo lentellas con arroz.

Contidos elaborados por Eugenia Pena Fernández, licenciada en Farmacia, Máster en Medicina Natural e Experta na elaboración de Dietas e Dietoterapia.

logo_farmavida

FARMAVIDA (As Pontes)