Decálogo da dieta mediterránea

dieta
  • 1. Utilizar o aceite de oliva como principal graxa de adición.
  • 2. Consumir alimentos de orixe vexetal en abundancia: froitas, verduras, legumes, champiñóns e froitos secos.
  • 3. O pan e os alimentos procedentes de cereais (pasta, arroz e especialmente os seus produtos integrais) deberían formar parte da alimentación diaria.
  • 4. Os alimentos pouco procesados, frescos e de tempada son os máis adecuados.
  • 5. Consumir diariamente produtos lácteos, principalmente iogur e queixos.
  • 6. A carne vermella teríase que consumir con moderación e se pode ser como parte de guisos e outras receitas. E as carnes procesadas en cantidades pequenas e como ingredientes de bocadillos e pratos.
  • 7. Consumir peixe en abundancia e ovos con moderación.
  • 8. A froita fresca tería que ser a sobremesa habitual. Os doces e pasteis deberían consumirse ocasionalmente.
  • 9. A auga é a bebida por excelencia. O viño debe tomarse con moderación e durante as comidas.
  • 10. Realizar actividade física todos os días, xa que é tan importante como comer adecuadamente.

Contidos elaborados por Eugenia Pena Fernández, licenciada en Farmacia, Máster en Medicina Natural e Experta na elaboración de Dietas e Dietoterapia.

logo_farmavida

FARMAVIDA (As Pontes)