Froitas e verduras

verduras

Achégannos auga, azucres, vitaminas, como a vitamina C e os carotenos, minerais, fibra e antioxidantes, responsables dun efecto protector que lles permite vivir á intemperie e do que nos beneficiaremos ao consumilas. Á hora de elixir que froitas e verduras imos consumir priorizaremos as variedades de temporada. É recomendable consumir 3 ou máis pezas de froita fresca ao día, preferiblemente enteira para sacar máis proveito a todos os seus nutrientes.

É importante que unha delas sexa rica en vitamina C (cítricos, amorodos, kiwis, etc.)

Aseguraremos unha achega adecuada de vitamina C incorporando á nosa alimentación froitas e verduras frescas (zumes de froitas, froitas frescas e ensaladas) xa que a vitamina C destrúese ao cociñar os alimentos.

Se as cociñamos preferiremos facelo ao forno, á prancha, fervidas ou ao vapor, pois coa cocción pérdense parte das vitaminas e minerais.

Contidos elaborados por Eugenia Pena Fernández, licenciada en Farmacia, Máster en Medicina Natural e Experta na elaboración de Dietas e Dietoterapia.

logo_farmavida

FARMAVIDA (As Pontes)