Graxas e aceites

aceite

Son esenciais para a nosa saúde, en especial para o cerebro e o sistema nervioso, e son vehículo das vitaminas liposolubles (A, D, E, K). A pesar disto debemos consumilos con moderación debido á súa elevada achega calórica e escoller ben o tipo de graxa que consumimos. A mellor elección é o aceite de oliva virxe extra, tanto para cociñar como para o aderezo. Tamén é importante incluír na nosa alimentación froitos secos olegaxinosos (noces, améndoas, abelás), moi beneficiosas para a nosa saúde.

Contidos elaborados por Eugenia Pena Fernández, licenciada en Farmacia, Máster en Medicina Natural e Experta na elaboración de Dietas e Dietoterapia.

logo_farmavida

FARMAVIDA (As Pontes)