Leite e derivados lácteos

lacteos

Achegan proteínas, vitaminas e minerais imprescindibles no crecemento. Son moi importantes nunha dieta equilibrada debido á gran cantidade de nutrientes que achegan (proteínas, vitaminas A e D, e minerais como calcio e fósforo). Dentro deste grupo destacaremos os iogures, que achegan, ademais dos mesmos nutrientes có leite, as bacterias lácticas vivas que protexen o noso organismo rexenerando a flora intestinal, aumentando as nosas defensas e evitando enfermidades; e ácido láctico, que ten efecto dixestivo e favorece a absorción do calcio.

Por outra banda son máis fáciles de dixerir có leite. O leite non debe substituír a auga como bebida ou á froita, consumindo como única sobremesa derivados lácteos.

Contidos elaborados por Eugenia Pena Fernández, licenciada en Farmacia, Máster en Medicina Natural e Experta na elaboración de Dietas e Dietoterapia.

logo_farmavida

FARMAVIDA (As Pontes)