Doces e Bebidas

postre

Ningún alimento contén todos os nutrintes que necesita o noso organismo, por tanto para alcanzar un estado nutricional adecuado debemos consumir alimentos de todos e cada un dos grupos que acabamos de ver (salvo persoas con alerxias ou intolerancias). A Pirámide dos alimentos indícanos a frecuencia coa que temos que consumilos; na base están os alimentos que debemos consumir en maior cantidade, e segundo ascendemos debemos ir disminuíndo as cantidades.

Ademáis destes 5 grupos de alimentos imprescindibles, na cúspide da Pirámide da Alimentación Saudable atopamos o grupo dos AZUCRES, DOCES E BEBIDAS AZUCRADAS. Estes son alimentos superfluos e non é necesario consumilos, de facelo debe ser de forma ocasional e moderadamente.

O consumo de BEBIDAS ALCOHÓLICAS FERMENTADAS como o viño, a cervexa, o cava ou a sidra, está permitido dentro dunha alimentación saudable sempre que se consuman con moderación, xa que son unha fonte de vitaminas, minerais e antioxidantes naturais. Non obstante a bebida de elección debe ser a auga, imprescindible no mantemento da vida.

Ademais dunha alimentación equilibrada debemos levar un estilo de vida saudable, practicando exercicio moderadamente e mantendo o noso peso corporal dentro dun rango saudable. É conveniente cociñar os alimentos utilizando técnicas culinarias saudables e reducindo o consumo do sal.

Contidos elaborados por Eugenia Pena Fernández, licenciada en Farmacia, Máster en Medicina Natural e Experta na elaboración de Dietas e Dietoterapia.

logo_farmavida

FARMAVIDA (As Pontes)