O valor Social e Comunitario que teñen os mercados ou prazas de abastos como punto de encontro e interacción son recoñecidos historicamente. Os mercados contribúen de forma activa á vitalidade das vilas e cidades. Así, O Mercado Municipal de As Pontes, xunto co comercio de proximidade dos seus arredores, dota de centrabilidade a nosa vila, xerando interacción social e veciñal e aportando gran actividade social a este espazo público.